O Bergantiños viaxa este domingo ao Municipal Espiñedo para medirse co Arenteiro no seu sexto asalto da Segunda Fase de Terceira División, o cal dará comezo ás 17:00 horas. Ambos equipos ascendidos á Segunda RFEF, xogaranse o título de campións nun partido que será unha celebración para os dous conxuntos.
O último partido desta tempada servirá para render homenaxe a Luís Sobrino, que defendeu a camiseta de ambos os equipos fai máis de trinta anos. Os clubs entregaranlle unha placa conmemorativa e a Federación unha camiseta da Selección Galega, que tamén lle dará a cada equipo un diploma pola consecución do ascenso. E á finalización, o presidente da RFGF, Rafael Louzán, entregaralle ao gañador un detalle conmemorativo como campión absoluto.
O adestrador do equipo carballés, José Luis Lemos, subliñou na previa: «vamos a ir a competir de ti a ti ao que eu creo que é o mellor rival ao que nos enfrontamos este ano, coa intención de gañar». «Vai a ser un partido moi bonito no que se van a enfrontar dous equipos, o Arenteiro que na casa quere gañar e enfronte estamos nós que vamos a ir a por él».