- Trátase dunha decisión tomada pola Xunta e que será publicada nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia.
- Esto implica que non se poderá plantar pataca nas parroquias larachesas de Lendo e Caión e na carballesa de Noicela, logo de detectar tubérculos afectados en almacéns de autoconsumo.
A Consellería do Medio Rural e estes dous concellos organizarán encontros para informar aos veciños afectados das medidas a levar a cabo para combater este organismo de corentena.
De acordo coa normativa vixente, nestas tres parroquias afectadas só se poderá comercializar tubérculo embolsado e etiquetado preparado para o consumidor final, precisamente porque o movemento de pataca a granel estará prohibido, igual que no resto de concellos demarcados.
Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural, co fin de que o insecto non se estenda pola contorna, establece tamén zonas tampón nas parroquias limítrofes ás afectadas, nas que se tomarán medidas específicas como que os agricultores deberán comunicar, inmediatamente despois da sementeira, todas as parcelas cultivadas con pataca, segundo o modelo establecido para ese fin.
Para a produción de pataca nestas zonas cualificadas como tampón, será preciso aplicar as medidas establecidas no Real decreto 197/2017 publicado polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, tales como un tratamento fitosanitario durante a fase de tuberculinización e antes da colleita. As patacas recollidas non se poderán dedicar a semente mentres a praga non se dea por erradicada. Así mesmo, o seu movemento realizarase sempre en vehículos pechados ou cubertos cunha malla.
No caso dos comercializadores, para a súa produción aplicaranse outras medidas a maiores, recollidas tamén na mesma normativa entre as que se atopan a instalación de mallas tupidas e de trampas de captura de tecia nos almacéns.