Leo Messi gaña o premio The Best como mellor xogador da FIFA

1 minutes read

A gala da FIFA que se celebrou en Milán elixiu a Leo Messi como o mellor xogador da temporada, tras someterse ao veredicto de seleccionadores, afeccionados, xornalistas e capitáns de seleccións.

Este é o primeiro The Best que gaña Messi, sucedendo a Modric e a un Cristiano Ronaldo, que se ausentou da gala. O crack arxentino dedicoulles este trofeo aos seus fillos.

Con este The Best, Messi xa é o principal candidato para levar tamén o Balón de Ouro, debido a que ata o momento, o que gaña o The Best tamén se fai co trofeo francés. Sucedeu con Ronaldo os dous primeiros anos e con Modric o ano pasado.