Leo Messi compareceu no Camp Nou para explicar a súa marcha os 34 anos do Barcelona, onde disputou toda a súa carreira deportiva. Rompeu o seu silencio tras anunciar o club que non conta con el para a próxima tempada, emocionado, contrariado e visiblemente doído o día en que lle di adeus ao club ao que chegou sendo un neno. Ao arxentino custoulle comezar a falar. Emocionado, arrincou a chorar. Tívose que tomar un tempo para comezar a despedirse do Barcelona. Iniciou a rolda de prensa cun breve discurso, despois do cal respondeu ás preguntas dos centos de xornalistas que estaban no Camp Nou. Messi dixo que estaba convencido da súa continuidade no club e que fixo todo canto estaba na súa man para que así fora. Para o arxentino este é o momento máis difícil da súa vida.
29