0
O París Saint-Germain (PSG) confirmou finalmente este sábado a saída do club do dianteiro arxentino Leo Messi, tras dúas tempadas na capital francesa. A noticia avanzáraa xa o xoves o adestrador do PSG, Christophe Galtier, nunha rolda de prensa, pero horas despois o propio equipo matizou que o técnico se había “expresado mal”, deixando no aire a veracidade da noticia. Este domingo, o propio PSG anunciou oficialmente saída do sete veces Balón de Ouro cun comunicado titulado “Leo, grazas”.