León interésase polo modelo de xestión do Consorcio Contraincendios da Coruña

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, reuniuse este xoves na Coruña co seu homólogo da Deputación de Léon, Eduardo Morán, para explicarlle os detalles do modelo de creación e xestión do Consorcio Provincial Contraincendios coruñés.

A reunión enmárcase na rolda de visitas que o presidente leonés está a realizar para coñecer de primeira man os diferentes modelos que existen en España para a xestión dos servizos provinciais de extinción de incendios. Na reunión participaron tamén o xerente do Consorcio coruñés, José Luís Barca, e o deputado leonés Marcelo Alonso, ademáis de técnicos provinciais.

León planea seis parques comarcais na súa provincia

O presidente da Deputación de León mostrouse interesado nos detalles do modelo coruñés e a posible aplicación dun modelo similar na súa provincia, contando coa participación da administración autonómica para o financiamento dos 6 parques comarcais que o goberno provincial leonés quere implantar no seu territorio e que cubrirían a xeografía da provincia cuns tempos de resposta de arredor de 30 minutos, complementando as dotacións de bombeiros xa existentes en León e Ponferrada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha