0
A cerimonia solemne concretouse despois da reunión celebrada a iniciativa da Presidenta do Congreso, Francina Armengol, coa presenza do presidente do Senado, Pedro Rollán, o Goberno e a Zarzuela.
A Casa Real informou que, despois da sesión plenaria de Congreso e Senado, está previsto tamén que a princesa Leonor reciba o Colar da Orde de Carlos III no Palacio Real en presenza dos poderes do Estado. A continuación, celebrarase un xantar cunha representación das máis altas autoridades.
Con posterioridade aos actos institucionais no Congreso e no Palacio Real, terá lugar no Palacio do Pardo unha celebración familiar e de carácter privado, que incluirá á Familia Real, e as respectivas familias dos reis, Felipe VI e Letizia.