Lesionado o tripulante dun barco atracado no Porto Exterior de Ferrol

0 minutes read
Imaxe de arquivo do porto exterior de Ferrol.

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron na mañá deste domingo ao tripulante dun buque atracado no Porto Exterior de Ferrol.

Ocorreu no buque Bosnia, de nacionalidade filipina, segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o operario sufriu unha caída de altura que lle provocou diversas lesións de consideración, polo que foi trasladado ao Hospital Arquitecto Marcide.

Co equipo sanitario colaborou, tamén, o persoal da Autoridade Portuaria e os axentes da Policía Local e Nacional. Segundo os datos achegados polo organismo portuario, malia as feridas que presentaba, o tripulante foi trasladado consciente.