Jorge Guillamet Suárez, o base carballés do Calvo Basket Xiria, de 23 anos, sufriu unha lesión no primeiro día de adestramento, pasados uns días as probas médicas as que foi sometido
confirmaron a gravidade da lesión. Nun exercicio de pouca esixencia e sen oposición, un mal apoio provocou a lesión de Jorge, o xogador que estaba chamado a ser moi importante na posición de base esta temporada no equipo EBA, no que é a súa sexta campaña defendendo as cores de
Xiria.
Despois duns días de espera para que puidera baixar a inflamación, as primeiras consultas non foron moi optimistas, feito que se confirmou cunha resonancia magnética. Nos próximos días, Jorge deberá pasar polo quirófano onde será operado do ligamento lateral e mais do menisco; o prazo de recuperación non será menor dos seis meses, polo que desde a Escola Basket Xiria, mándanlle todo o seu apoio e a súa forza para este duro momento e para as longas sesións de traballo que lle agardan para conseguir a mellor recuperación posible.