Levan os canóns de bronce do século XVI extraídos en Camariñas

1 minutes read
  • A alcaldesa Sandra Insua solicita a Patrimonio que sexan transferidos ao Concello como complemento do futuro Auditorio do Mar.

As pezas foron localizadas por José Antonio Estévez Mouzo, mergullador da zona, e membro da Real Liga Naval Española. Mergulladores da Armada Española, pertencentes á Unidade de Mergullo de Ferrol, con base na Estación Naval da Graña, identificaron catro pezas de artillería de bronce que poderían pertencer a un buque de Estado do século XVI. Dous deses canóns, os de maior tamaño, xa foron recuperados, aínda que de momento non se ten unha indicación exacta da súa procedencia. Os canóns son trasladados á base da Armada en Ferrol para a súa análise e de alí ao Museo do Mar de Vigo onde serán sometidos a un tratamento específico para a súa conservación.