Liberada unha condutora do seu coche despois de bater contra unha árbore en Santiago

As Pereiras, Santiago de Compostela_Google Maps

  • O accidente produciuse no lugar das Pereiras arredor das 15:30 horas

Unha conductora quedou atrapada despois de saírse da vía co seu vehículo e bater contra unha árbore no lugar das Pereiras, en Santiago. O suceso produciuse arredor das 15:30 horas e foron as testemuñas do accidente quen deron o aviso ao 112.

Para liberala, os bombeiros da cidade tiveron que realizar diversas manobras ata que conseguiron sacala polo portón traseiro. Unha vez fóra do vehículo, a vítima foi atendida polos servizos sanitarios de urxencia debido ás lesións que presentaba e a gran desorientación que padecía.