Liberada unha persoa atrapada no interior dun turismo que envorcou en Dumbría

1 minutes read
Ambulancia Sergas Galicia

Unha persoa foi rescatada, na mañá deste martes, do interior do coche que manexaba e co cal sufriu unha saída de vía e quedou envorcado, en Dumbría.

Ao fío das oito e media, unha testemuña do sinistro contactou co 112 Galicia para informar de que un vehículo estaba envorcado na estrada AC-552, no punto quilométrico 81, e que a persoa que o conducía estaba atrapada dentro do mesmo.

Inmediatamente, os xestores do CIAE-112 comunicáronllo aos Bombeiros de Cee, aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, á Garda Civil de Tráfico e aos membros de Protección Civil.

Xa desde o punto, os Bombeiros indicáronlle ao 112 que tiveron que cortar o parabrisas do turismo para poder sacar á persoa do seu interior e que fose atendida polo persoal sanitario.