Liberadas 20 persoas que vivían nun restaurante de Madrid en condicións infrahumanas

Imaxe vídeo Policía Nacional persoas confinadas

  • As vítimas habitaban nun espazo de apenas un metro e medio de longo por 400 euros ao mes

Axentes da Policía Nacional liberaron a 20 persoas que vivían confinadas en condicións infrahumanas nun restaurante do madrileño barrio de San Blas. As vítimas, entre as que se atopaban dous bebés de menos dun ano, habitaban nun espazo de apenas un metro e medio de longo por 400 euros ao mes.

A investigación iniciouse cando os axentes detectaron que no interior dun restaurante, que cesara a súa actividade comercial, poderían estar aloxadas varías persoas sen fogar en condicións de amontoamento e insalubridade. Por este motivo, os investigadores elaboraron un dispositivo para realizar unha inspección no interior do establecemento atopando nel a un total de 20 persoas de distintas nacionalidades -España, Bangaldesh, Colombia, Filipinas, Honduras, Perú, Portugal e Venezuela- entre as que se atopaban dous bebés de menos dun ano de idade.

Cando non podían facer fronte ao pago esixido eran sometidas a coaccións, impedíndolles o acceso a servizos básicos, obrigándolles a durmir en espazos aínda máis reducidos e mesmo lles ameazaban con contaxiarlles a enfermidade Covid-19. Detívose a dúas persoas, a propietaria do restaurante e o dono do inmoble, aos que se atribúen delitos de favorecemento da inmigración irregular, coaccións e delito contra a saúde pública.

Vídeo de la noticia_Policía Nacional

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha