- O accidente produciuse sobre a unha da madrugada deste sábado na estrada que une Martineto e Figueroa
Unha saída de vía ocorrida durante a madrugada deste sábado en Muxía saldouse cun home ferido que tivo que ser liberado polos Bombeiros de Cee.
Un familiar do accidentado alertaba do sucedido ao 112 Galicia ás 03:00 horas, manifestando que a vítima tivera un sinistro dúas horas antes e non o daban atopado.
Unha vez ubicado o lugar do accidente, na estrada que une Martineto e Figueroa, os servizos de emerxencia liberaron do interior do coche ao home, que foi trasladado nunha ambulancia a un centro médico.