Liberado un home tras quedar atrapado debaixo dun camión en Negreira

Imagen de una ambulancia del 061

  • O suceso produciuse ao fío das 16:15 horas deste luns, e a vítima foi evacuada ao centro hospitalario de referencia

Os servizos de emerxencia liberaron a un home que quedara atrapado debaixo da cabina do camión que conducía ao tratar de realizar unha manobra no lugar de Forniños, no termo municipal coruñés de Negreira. O camioneiro foi evacuado en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

O incidente produciuse ao fío das 16:15 horas deste luns na parroquia de Xallas, e foi un particular quen alertou ao 112 Galicia do sucedido.

No operativo participaron os profesionais sanitarios do 061, os Bombeiros de Santa Comba e efectivos do GES de Brión. Ao lugar tamén acudiron os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico para restablecer a seguridade na vía.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha