Un mozo de 23 anos precisou a axuda dos servizos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal -GES- de Mugardos para ser liberado ao cravarse nunha perna unha das puntas dun enreixado de ferro ao tentar saltar o portal para acceder a unha vivenda. Ao parecer o mozo esqueceuse as chaves da casa e tentou saltar o portal para acceder á vivenda, finalizando a súa traxectoria atrapado nunha das extremidades polo peche da entrada.
No CIAE-112 Galicia recibiuse a chamada dun familiar, indicando que estaba atrapado e cravado cunha das puntas do enreixado nunha perna polo que solicitaban axuda. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia deuse aviso aos efectivos do GES de Mugardos, quen se trasladou á avenida do Seixo, 75 e comprobaron como efectivamente o mozo atopábase nunha difícil situación.
Acudiron tamén efectivos de Urxencias Sanitarias de galicia-061 cunha ambulancia de soporte vital avanzado (medicalizada) e membros da Garda Civil. Para liberalo foi necesario proceder a cortar a base da punta de frecha que tiña cravada para que puidese ser trasladado en ambulancia ao hospital Arquitecto Marcide, coa punta cravada nunha perna.