Liberado un ocupante atrapado tras unha colisión entre dous vehículos en Vimianzo

Bombeiros de Cee traballando na excarceración.

Unha colisión entre dous vehículos na Rúa da Torre, en Vimianzo, deixou a un ocupante atrapado. Así, tras recibir a alerta, o 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Cee para liberar ao ferido e facilitar a atención do equipo sanitario.

Tratouse dun choque do que foi testemuña a persoa que chamou ao número único de emerxencias cando faltaban dez minutos para as oito da mañá deste mércores. Segundo explicou, o impacto entre os dous vehículos, unha furgoneta e un camión, deixou a un dos ocupantes atrapado polos ferros dun dos vehículos, o que fixo necesaria a actuación dos bombeiros. Unha vez liberada, a persoa recibiu a asistencia do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para posteriormente ser trasladada ao hospital.

Neste operativo participaron, ademais, os axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén foron informados os voluntarios de Protección Civil de Vimianzo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha