39
A información recibida no 112 Galicia pouco antes das seis da tarde deste mércores serviu para activar un operativo, no que se indicaba que un home precisaba axuda urxente tras quedar atrapado por unha perna nunha motocultora no lugar de Calvos, na Alta de Rus. Ademais dos bombeiros de Carballo participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 cunha dotación xa en camiño. Así, tras a súa liberación, o ferido recibiu os primeiros coidados antes da súa evacuación a un centro hospitalario da Coruña. Ao lugar acudiron tamén os membros do Servizo Local de Protección Civil e axentes da Garda Civil.