Liberan a unha muller en Zas á que lle quedara unha man atrapada nunha máquina

Emergencias 112

  • O incidente produciuse pasadas as 16:00 horas no lugar de Cerne

Os Bombeiros de Santa Comba acudiron este mércores ao lugar de Cerne, no concello coruñés de Zas, para liberar a unha muller cuxa man quedara atrapada nunha máquina de esfollar plantas. Unha vez liberada, a vítima foi trasladada nunha ambulancia a un centro médico.

O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido ás 16:10 horas a través dunha persoa particular, polo que inmediatamente se puxo en marcha un operativo no que participaron persoal do 061, da Garda Civil e de Protección Civil da localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha