Liberan a unha nena atrapada por unha perna polos barrotes dun parque de Ribeira

Imaxe dun parque de bombeiros

A menor foi atendida no punto polos servizos sanitarios logo de que os equipos de emerxencias fixeran uso do seu material de excarceración para cortar parte da varanda. Así o comunicaron aos xestores do 112 Galicia logo de rematar á súa intervención neste incidente, do que no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias tívose constancia na tarde deste martes. Foi a través da chamada dun particular, quen explicou que ocorrera nun parque infantil da parroquia de Santa Uxía de Ribeira. No operativo colaboraron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Boiro, o GAEM e a Policía Local de Ribeira, así como os axentes da Policía Nacional.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha