Liberan a unha persoa, e dúas son trasladadas, tras un accidente entre tres vehículos en Cee

1 minutes read

Unha persoa tivo que ser liberada polos bombeiros de Cee tras quedar atrapada no seu turismo a consecuencia dun accidente con 3 vehículos implicados no municipio de Cee.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o sinistro produciuse na parroquia de A Pereiriña. Pasados uns minutos das seis da tarde deste venres, un particular implicado no accidente contactaba co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para solicitar axuda. Indicaba que acababa de ter un accidente con 3 vehículos implicados, e que unha persoa podería estar atrapada.

Ata o punto desprazáronse os bombeiros de Cee para proceder á liberación da persoa, que foi trasladada polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Hospital Virxe da Xunqueira. Ademais, outra persoa doutro vehículo implicado no sinistro, tamén precisou asistencia sanitaria, e finalmente, foi trasladada.

Ata o lugar tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil e o servizo de mantemento da estrada, os cales se encargaron de restablecer o tráfico na vía.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?