Liberan en Alicante nove prostitutas encerradas nun local


Unha operación policial, iniciada durante o estado de alarma, logrou a liberación de nove vítimas, de nacionalidade colombiana e venezolana, retidas contra a súa vontade nun local que tiña licenza de hotel. Vivían confinadas nun cuarto e debían estar dispoñibles as 24 horas do día mesmo estando enfermas. Os seus captadores ameazaban as mulleres dicíndolles que eran gravadas en todo momento e que de non obedecelos as súas familias nos seus países de orixe poderían sufrir as consecuencias. A Policía Nacional detivo dez persoas que controlaban tres locais de prostitución en Alicante. Os detidos, con idades comprendidas entre os 24 e 41 anos, son de nacionalidade española, colombiana e alxeriana, e quedaron a disposición do xulgado de instrución número cinco de Alicante con diversos cargos.