Liberdade condicional para Rodrigo Rato

O expresidente de Bankia, Rodrigo Rato, poderá saír en liberdade condicional. No auto o tribunal afirma, entre outras cousas, que para tomar esta decisión valoraron a idade do que fora vicepresidente do Goberno con José María Aznar, xunto co seu comportamento e coa «antigüidade» dos feitos polos que ingresou en prisión. Rato cumpre unha condena de 4 anos e medio dende outubro de 2018 por apropiación indebida no caso das tarxetas opacas da vella Caja Madrid, e no pasado mes de outubro tamén obtivo o terceiro grao, que lle permitiu saír do cárcere con control telemático.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha