‘Liberto’, próxima cita da XVII Mostra de Teatro de Malpica

1 minutes read
  • Será este venres 19, a partir das 20:30 horas, no centro cívico da vila

Continúa en marcha a programación da XVII Mostra de Teatro de Malpica, que este venres achegará ao centro cívico da localidade a obra ‘Liberto’ de Rebordelos S.L.

A función xira arredor de Ada, unha muller que relata o nacemento do seu primeiro fillo e as semanas seguintes á falta de osíxeno que sufriu o meniño durante o parto.

Pensada para un público adulto, terá unha duración de 80 minutos e dará comezo ás 20:30 horas. O aforo será limitado e as persoas interesadas en asistir deberán reservar a entrada enviando un correo a auditoriodemalpica@gmail.com, indicando nome completo, DNI e teléfono de contacto.