Liberty House presenta a oferta polas plantas de Alcoa de San Cibrao

A oferta de Liberty House pasa por manter os postos de traballo, producir alumnio primario e mesmo xerar enerxía para a propia planta. Entrementres, Alcoa daba a coñecer dúas propostas, dúas posibilidades que teñen en común a intención de parar as cubas. Nun caso a multinacional americana propón seguir adiante co ERE mentres busca un comprador que asuma o cadro de persoal. E na outra opción, plantexa un ere de só dous anos, atoparía un comprador en nove meses e correría cos custos de reactivación das cubas.

Os traballadores rexeitan de plano as dúas opcións, xa que en ningún caso aceptarían que as cubas se deteñan, porque son vitais para o futuro do proxecto industrial. Que as cubas de electrólise sigan funcionando é a condición que os responsables da empresa británica Liberty House poñen para materializar a oferta sobre Alcoa, tanto para planta de alúmina como a de aluminio, e que lle presentaron aos membros do comité de empresa. Este martes comité e dirección de Alcoa volven reunirse para negociar o ere que pende sobre 534 traballadores. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha