Licitada por 1,5 millóns de euros a reforma da área de Farmacia do CHUS

Foto.- Xoán Crespo.

Acompañado pola xerente da área de Santiago, Eloína Núñez, o responsable da carteira sanitaria da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, visitou a zona na que se desenvolverá unha actuación que incidirá en 725 metros cadrados da área de Farmacia do CHUS, dotándoa de catro zonas homoxéneas, que ficarán divididas en espazos para almacenaxe, vestiarios, salas para a elaboración de medicamentos e terapia xénica, e instalacións destinadas á farmacotecnia.

Ademais, estableceranse circuítos diferentes para cada un dos fluxos de produción, nomeadamente: materiais para fabricación, medicamentos elaborados, persoal e residuos. Estes circuítos evitarán posibles contaminacións, mantendo o criterio axeitado da cadea de presións, ben sexa para a fabricación de produtos estériles, ou para o procesamento de produtos víricos, citotóxicos ou bioperigosos.

Deste xeito, a solución proxectada será un garante seguridade que repercutirá nun triple eido, ao incidir nos pacientes, no persoal, e tamén ao medio ambiente.

O presuposto total da obra ascende a 1.519.437 euros, contando cun prazo aproximado de execución de catro meses.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha