A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle a licitación das obras, á que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 24 de abril, co obxectivo de iniciar os traballos no outono. O prazo de execución é de 14 meses. Esta nova intervención de mellora da mobilidade sostible suporá un investimento da Xunta na estrada autonómica PO-323 de 4,1 M€, tendo en conta o pagamento dos 54 predios necesarios para a execución das obras. Con esta nova intervención a Xunta completará as actuacións que acaba de iniciar, correspondentes a unha 1ª fase de humanización desta vía no treito de 500 metros que vai desde a avenida da Mariña Española ao IES de Teis, á que se destina un investimento autonómico de 2,45 M€.
0