Licitada a execución das obras do novo centro de saúde de Abegondo

1 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, licitou por 2.843.082 euros a execución das obras do novo centro de saúde de Abegondo.

Este novo equipamento sanitario vai permitir renovar o centro de saúde de Abegondo, que ten xa máis de 35 anos, favorecendo unha atención máis integral a preto de 5.000 pacientes.

A Plataforma de Contratos Públicos da Xunta recolle o inicio da contratación das obras, establecendo como prazo para que as empresas poidan presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 18 de decembro.

A Xunta traballa co obxectivo de adxudicar as obras a finais do primeiro trimestre do ano para a posta en servizo do novo centro de saúde a mediados do 2025. O prazo de execución das obras é de 12 meses, ao que seguirán as probas de funcionamento.