Licitada a instalación de 43 novas marquesiñas de autobús nas estradas autonómicas

Foto.- Cedida.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, licitou por 252.603 euros a instalación de 43 novas marquesiñas de transporte público nas marxes da rede de estradas autonómicas das catro provincias. Trátase da instalación de novos refuxios cun deseño integrado nas contornas rurais que se distribuirán ao longo das vías autonómicas ao seu paso por un total de 32 municipios. O contrato inclúe a colocación da marquesiña, a execución da soleira cando é necesario e a súa adaptación de pendentes enlazando co pavimento existente, para mellorar a accesibilidade.