Licitada a redacción do Plan para a ampliación do polígono da Sionlla, en Santiago

0 minutes read

A empresa pública Xestur sacou a licitación o contrato para a elaboración do referido plan por un importe total de 249.397,88 euros, IVE incluído. A adxudicataria disporá dun prazo de cinco meses para a presentación do borrador do plan, así como a documentación necesaria para iniciar a súa tramitación ambiental. As empresas interesadas terán ata o próximo 12 de maio para presentar as súas ofertas. A previsión é que que a futura ampliación do parque compostelán da Sionlla ocupe unha superficie de máis de 400.000 metros cadrados.