Licitada a redacción do proxecto de expropiación de terreos para a ampliación do polígono de Bértoa

Polígono de Bértoa_Concello de Carballo

A licitación publicouse na plataforma de contratos de Galicia e os interesados poderán presentar as súas ofertas ata o 24 de xaneiro de 2024. De feito, trátase dun paso máis no procedemento despois da licitación a finais de novembro da redacción dos proxectos de urbanización e parcelamento da ampliación deste parque empresarial, cun orzamento base de licitación de preto de 220.000 euros. A ampliación do polígono de Bértoa realízase en dous ámbitos, nos sectores A e B, cunha superficie total de preto de 639.000 metros cadrados, dos que preto de 380.000 serán de superficie de parcelas. O sector A localízase ao noroeste do parque existente, entre a autoestrada AG-55 e o Rego da Balsa, que o separa do mesmo. O sector B localízase ao sueste do parque existente, entre este e o viario de acceso á autoestrada AG-55. A Xunta de Galicia destina preto de 44.000 euros á redacción deste proxecto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha