Licitada a redacción do proxecto de expropiación para a ampliación do polígono de Lalín


A Xunta de Galicia vén de licitar o contrato para a redacción do proxecto de expropiación da modificación do plan de sectorización da cuarta fase do polígono empresarial de Lalín, en Pontevedra, así como o apoio técnico nos traballos necesarios para realizar a expropiación dos terreos, bens e dereitos necesarios para a execución deste ámbito do parque empresarial.

O proxecto de expropiación, ao que a empresa pública Xestur destinará 71.607,21 euros, permitirá adquirir ao redor de 150.000 metros cadrados de solo necesarios para o desenvolvemento da ampliación do parque empresarial Lalín 2000.

A ampliación do polígono industrial ocupará unha superficie total de 313.955 metros cadrados, pero Xestur xa é propietaria da máis do 50% dos terreos que ocupará esta futura actuación.