As vivendas construiranse divididas en 2 bloques con 27 VPP cada un deles e emprazaranse nas parcelas 1 e 2 do polígono ferrolán do Bertón, que urbanizou o IGVS e no que xa existen outros dous grupos de vivendas de promoción pública construídos por este mesmo organismo, cun total de 52 vivendas.
Concretamente, o contrato licitado para a redacción do proxecto de 27 vivendas na parcela 1 do Bertón licitouse por 257.122,50 euros e o das 27 vivendas correspondentes á parcela 2, saíu a licitación por un importe de 246.348,96 euros.
Os adxudicatarios contarán con mes e medio para a redacción dos proxectos básicos e doutros dous meses e medio para completar os de execución. Ambos contratos prolongaranse o tempo que dure a construción das vivendas, xa que inclúen tamén a dirección das obras.