Licitada a rehabilitación da estrada N-540 en Lugo

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana licita por 12,5 millóns de euros a rehabilitación do firme na estrada N-540, na provincia de Lugo.

Nun comunicado, o Mitma informou que esta actuación, que se levará a cabo entre os puntos quilométricos 0 e 68,9, ten como obxectivo a rehabilitación estrutural e superficial do firme e mellorar a seguridade viaria neste tramo. Tamén se levarán a cabo actuacións complementarias.

Estas obras inclúense no programa de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado, no que o Mitma investiu máis de 105 millóns de euros desde xuño de 2018 na provincia lucense. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha