Licitada a segunda fase das obras da Travesía de Serantes


Contan cun orzamento de licitación de 636.110,84 euros por parte da Deputación da Coruña, que se sumarán aos 226.925,98 euros investidos polo Concello de Ferrol no pagamento das expropiacións dos terreos necesarios para poder executar este proxecto.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, xunto cos concelleiros Julián Reina e Ana Lamas, trasladaron persoalmente á directiva da asociación de veciños da zona, que desde hai anos vén demandando un proxecto que consideran “vital para mellorar a seguridade” na zona, dotándoa de beirarrúas e ancheando a angosta calzada actual.

As obras están en fase de licitación pública ata o 3 de novembro. A partir da súa adxudicación, o prazo de execución será de seis meses.