Licitada a segunda fase das obras de ampliación da estrada Ares-Chanteiro

Cedida.

A Deputación da Coruña vén de sacar a licitación pública a segunda fase das obras de ampliación e mellora da seguridade vial da estrada DP 0402 Ares-Chanteiro, que contarán cun orzamento total de algo máis 700 mil euros.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que coa licitación das obras, o Goberno provincial «cumpre o compomiso adquirido co alcalde e coa veciñanza de Chanteiro de dar continuidade ás obras xa realizadas nos primeiros 3,6 quilómetros do vial e completar a mellora da seguridade ao longo de toda a estrada».

Pola súa banda, o alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo, manifestou a súa satisfacción por este avance «que supón dar luz verde definitiva a unhas obras que responden a unha reivindicación histórica dos veciños e veciñas de Chanteiro e que permitirá mellorar a seguridade tanto dos vehículos coma dos peóns nun tramo do vial que actualmente é moi estreito e que rexistra un importante volumen de tráfico»

Plataforma de sete metros e sendas peonís

Nesta segunda fase, ampliarase o tramo que vai do PK 3,7 ao 4,7, que aínda conta cunha plataforma de só cinco metros de ancho o que dificulta a circulación, especialmente cando se cruzan dous vehículos de gran tamaño. Ademáis carece de zona habilitada para a circulación de peóns.

Para solventar estes problemas, as obras permitirán ampliar o vial ata os 7 metros de ancho, con sobreanchos nas zonas de gran curvatura para facilitar o xiro dos coches. Ademáis incluiranse beiravías e sendas peonís en ambas marxes.

Os traballos suporán a continuación das obras da primeira fase, coa mesma tipoloxía de sección e os mesmos materiais, completando e uniformando unha actuación integral de ampliación e mellora no vial.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha