Licitado o primeiro tramo da nova estrada Pazos-Corme por 370.000 euros

De izquierda a derecha: el presidente de la Diputación de A Coruña, Valentín González Formoso, y el alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido_Cedida

  • As obras teñen un prazo de execución de cinco meses

A Deputación da Coruña publicou fai uns días a licitación do primeiro tramo da nova estrada Pazos-Corme por un valor de 369.774,12 euros. O prazo de execución será de aproximadamente cinco meses.

O desenvolvemento destas obras foi un compromiso do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, co alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, tras unha reunión mantida entre ambos no pasado mes de xaneiro na que analizaron distintos proxectos de mellora de infraestruturas no municipio.

Entre as obras a realizar atópanse a apertura de contas por ambas marxes, o fresado e reposición no entroncamento coa estrada DP 4307 de Malpica a Ponteceso, o acondicionamento dos accesos ou a colocación dunha barreira de seguridade metálica.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha