Licitadas as obras de mellora da seguridade vial na estrada de Neaño ao Allo, en Cabana 

1 minutes read

A Deputación da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitacion das obras de mellora da seguridade vial na estrada provincial DP-1406, no tramo que vai de Neaño ao Allo, pasando por Cesullas, no Concello de Cabana de Bergantiños. O prazo de presentación de ofertas remata o 6 de novembro.

A actuación, que se realizará entre os PQ 0+680 e o PQ 1+900, conta cun orzamento de 802.384 euros.

As obras a realizar consisten na execución dunha senda de dous metros de ancho, pola marxe dereita da estrada entre o PQ 0+680 e o PQ 1+900, e na ampliación da plataforma ata conseguir dous carrís de 3,5 metros e beiravías de 0,5 metros, salvo na zona na que se executan os muros, na cal a beiravía da marxe esquerda terá un ancho de 1 metro.

Para levar a cabo esta actuación vanse levar a cabo os movementos de terras previos, colocarase unha capa de xabre e regularase o firme, colocarase un muro de dique renovaranse as infraestruturas para a drenaxe de auga.

Por último colocarase unha nova sinalización vertical, horizontal e incluirase un balizamento ao largo do percorrido, xunto cunha separación do carril a través dunha banda lonxitudinal con ollos de gato.

As expropiacións dos terreos necesarios para a execución dos traballos xa están completadas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?