Licitadas as obras dos aparcamentos, firmes e vías do Hospital Teresa Herrera

Moncho Fuentes.

Estes traballos están incluídos nun contrato máis amplo que prevé actuacións en diferentes hospitais da provincia, cun investimento total de 1 millón de euros.
As empresas interesadas nestas intervencións, ás que se destina un investimento duns 14.000 euros, teñen agora de prazo ata o vindeiro 9 de marzo para presentar as súas ofertas.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, abordou co xerente da Área Sanitaria da Coruña, Luis Verde, os traballos previstos nos accesos do Hospital Terresa-Herrera, o Materno-Infantil.
Trátase de actuacións que suporán un investimento de 140.000 euros e que suporán mellorar a vía perimetral do Hospital, coa renovación do firme, a mellora das beirarrúas ou a habilitación de novas zonas de aparcadoiro, habilitando novas prazas de forma ordenada, e creando unha beirarrúa adaptada para persoas con mobilidade reducida.
O investimento previsto no Complexo hospitalario da Coruña ascende a case 200.000 euros tendo en conta as obras previstas tamén na lavandería do Sergas, onde se derrubará e repoñerá o pavimento, e se adecuará a entrada.
O obxectivo da intervención é reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade nos contornos dos hospitais na procura de favorecer a mobilidade, tanto de pacientes como de todo o persoal sanitario que se achega cada día ás instalacións.