Licitadas as obras dunha senda na AC-552 entre Pastoriza e Vilarrodís, en Arteixo

1 minutes read

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle o inicio desta contratación, á que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 17 de xaneiro. Os traballos contan cun prazo de execución de 3 meses. O acto expropiatorio de levantamento de actas previas tivo lugar o pasado 11 de outubro e este vindeiro xoves, día 15, levarase a cabo o acto de formalización das actas de ocupación.

A actuación consiste na redefinición dun treito de senda que posibilitará a circulación a pé ao longo dun treito desta vía autonómica, coa execución dun itinerario peonil continuo, o reforzo do firme da vía existente e outras actuacións de reforzo da seguridade viaria.

Máis en concreto, actuarase no treito da vía autonómica situado entre os puntos quilométricos 5,2 e 5,4, que coincide cunha intersección, reformulando a propia intersección para maior seguridade viaria e habilitando o espazo para o encaixe da senda.