As obras terán un prazo de execución de seis meses e contribuirán a mellorar a seguridade peonil na zona mediante a construción de beirarrúas e a dotación dunha nova capa de rodaxe no tramo da DP-5604 que discorre entre o inicio da estrada e o PQ 0,3.
O proxecto inclúe ademais a renovación dos servizos de saneamento e abastecemento de auga, recollida de pluviais, e canalización do alumeado, así como a reposición da sinalización horizontal e vertical. Estas novas redes de servizos situaranse baixo as beirarrúas no caso do saneamento, abastecemento e alumeado e baixo as zonas de aparcamento no caso da rede de pluviais.
O pavimento das beirarrúas estará formado por lousa hidráulica sobre base de formigón e lastro artificial. En canto ao pavimento da estrada executarase con mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor, previo fresado e reparación do firme nas zonas onde se atope máis deteriorado.