Licitadas por 9 millóns de euros as obras do centro integral de saúde de Lalín

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Lalín, José Crespo, presentaron na capital do Deza o proxecto do futuro Centro Integral de Saúde, nun acto no que tamén participaron a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, e a xerente da Área Sanitaria de Santiago, Eloína Núñez.

As obras do Centro Integral de Saúde de Lalín empezarán a executarse a vindeira primavera e segundo a Xunta levarán aparellados máis de 170 postos de traballo. As empresas interesadas na execución das obras dispoñen de prazo ata o vindeiro 13 de xaneiro para presentar as súas ofertas e, a partir de entón, iniciarase o procedemento de valoración das propostas para a súa adxudicación.

Construirase un edificio de máis de 5.700 metros cadrados, cunha superficie útil de máis de 4.900 metros cadrados, que se distribuirán en catro andares, dos cales tres se dedicarán ao centro de saúde e un ao Punto de Atención Continuada (PAC).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha