- Actuarase nas vías AC-400, AC-404, AC-429, AC-444 e AC-419, ao seu paso polos concellos da Baña, Carballo, Cerceda, Laxe, Ponteceso, Santa Comba, Tordoia e Zas.
Na estrada AC-400, Sigrás (N-550)-Muros, actuarase no tramo que vai do punto quilométrico 28+600 ao 62+500. Neste treito repararanse as superficies deterioradas da vía e procederase á reposición das marcas viarias, captafaros, bandas sonoras e barreira metálica.
Na AC-404, Santa Comba-Baio (AC-552), os traballos de rehabilitación de firme realizaranse entre os puntos quilométricos 1+350-20+670. A actuación incluirá a reposición das marcas viarias, captafaros, bandas sonoras, sinalización vertical, e obras de drenaxe.
As melloras previstas na estrada AC-429, Ponteceso (AC-424)-Laxe, que se desenvolverán dende o punto quilométrico 0 ao 11+710, comprenden a reparación das superficies deterioradas e a reposición das marcas viarias. Estes mesmos traballos son os que se realizarán na AC-419, Buño (AC-418)-Ponteceso (AC-424), desde o punto 3 ao 4.
Finalmente as tarefas prevista na AC-444, Negreira (Límite concello)-Ponte Failde (AC-406), comezarán no punto quilométrico 0+570 e chegarán ata o punto 10+910. Nesta vía ademais da reparación das superficies deterioradas, reporanse as marcas viarias, captafaros e bandas sonoras e obras de drenaxe.
Deste xeito, o Goberno galego continúa a súa aposta polo reforzo da seguridade viaria nas estradas autonómicas ao tempo que, ao retomar os procedementos administrativos de licitación e adxudicación das obras, impulsa investimentos para favorecer a actividade económica.