Licitado o proxecto para humanizar unha nova rúa en Arbo e liberar o tráfico do centro urbano

1 minutes read

Queda licitado por máis de 315.000 euros o proxecto para humanizar unha nova rúa no Concello de Arbo para liberar o tráfico do centro urbano da localidade ao comunicar a rúa Vázquez Estévez e a estrada PO-400.

A nova vía, cun prazo de execución previsto de 6 meses, terá unha anchura de 10 metros, que comprenderán dúas beirarrúas de 2,5 m., aparcamento de 2,1 m. e calzada de 2,9 m. Para facilitar a mobilidade peonil, reducirase a velocidade a 30 km/h e sinalizaranse 3 pasos peonís elevados e farase unha senda peonil no entronque coa PO-400 coa previsión de poder continuala no futuro ao longo desta estrada.

A maiores, tamén se levarán a cabo actuacións como demolicións, escavacións, recheos e rozas; renovacións de pavimentos; melloras nas redes de abastecemento, pluviais, alumeado ou telecomunicacións, e instalación de sinalización de mobiliario urbano.