Licitado por preto de 700.000 € un contrato de equipamento para o novo CHUAC

1 minutes read

O importe vai destinado á adquisición de 35 camas de críticos destinadas ás novas UCI que se crearán con estas obras. E, finalmente, dentro doutros lotes de mobiliario que inclúen a outros hospitais, adquiriranse 45 camas, mesiñas e sillóns para as novas habitacións de hospitalización, 40 padiolas de exploración hidráulica, 40 carros de curas e 12 carros de parada. O equipamento obxecto deste expediente de contratación é susceptible de financiamento ao 100% no marco do Eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da covid-19.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor e o xerente da área sanitaria da Coruña e Cee, Luis Verde, visitaron as obras da fase 0 do novo CHUAC, comprobando en particular os avances na ampliación da farmacia hospitalaria na primeira planta e na instalación no quinto andar das novas UCI de politraumatizados e coidados intermedios e dunha nova unidade de hospitalización.