Lidl impulsará a compra e o consumo de produtos do agro galego

Foto.- Cedida.

A empresa, xunto con outras do sector, comprométese a adquirir produtos agroalimentarios galegos durante o estado da alarma para apoiar o sector primario da comunidade. A maiores, a Consellería do Medio Rural lanzará unha campaña de comunicación e sensibilización dirixida ao consumidor final, para conciencialo de que coa súa compra pode axudar aos agricultores e gandeiros galegos para garantir o futuro do sector. Todo este labor enmárcase na rede “Mercaproximidade”, unha canle alternativa de comercialización creada pola Xunta e concibida para os produtos agrogandeiros galegos que viron reducidas as súas vendas por mor da actual situación.