Limitadas a dez persoas as xuntanzas en toda Galicia


A Consellería de Sanidade acordou este martes limitar a un máximo de dez persoas as xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas. Esta é unha das decisións adoptadas polo Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19, logo da xuntanza deste martes a tarde, tras constatar o aumento de contaxios en reunións sociais e familiares. Estas medidas entrarán en vigor o xoves, ás 00:00 horas, tras publicarse este mércores no Diario Oficial de Galicia.