Limpeza de plásticos e microplásticos no espazo natural de Baldaio

0 minutes read

Este sábado varias entidades, coordinados pola asociación ecoloxista ADEGA dentro do proxecto «eu❤️Razo-Baldaio», participaron nunha nova saída polo espazo natural de Baldaio na procura de restos de plásticos e microplásticos. A verdade e que a «pesca» non e doada, pero a localización do inimigo tampouco é difícil, por desgraza moitos son os puntos da costa cheos deste tipo de refugallo. Para mostra os máis de mil quilos retirados o pasado mércores.