Limpeza e roza nas marxes da estrada AC-546 ao seu paso polo concello da Baña


A Xunta comeza esta semana os traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada AC-546, ao seu paso polo municipio coruñés da Baña. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria. Nas estradas da provincia da Coruña continúan tamén os traballos iniciados a pasada semana de roza e limpeza nas marxes da autovía Ferrol-Vilalba, a AG-64, ao seu paso polo municipio das Pontes. Tamén seguen a desenvolverse estas tarefas na vía de alta capacidade GC-1.5, ao seu paso polo municipio de Noia.