Limpeza simultánea de praias en Galicia e na Costa da Morte

1 minutes read
  • Senda Nova actuará no litoral carballés, concretamente na praía das Saíñas, en Baldaio

Un ano máis dende, a Asociación Ecoloxista Adega volve a convocar unha limpeza simultánea das praias galegas para protexer e potenciar o valor dos nosos litorais.

Centos de voluntarios traballarán de xeito simultáneo en diferentes puntos de Galicia para limpar un tramo de río da zona na que se atopen. Un dos obxectivos desta iniciativa é concienciar á poboación da importancia das pequenas accións e da relevancia que poden ter sobre todo no eido da educación ambiental.

A Asociación Ambiental Senda Nova tamén se une este inverno á esta causa, polo que durante a xornada do 19 de outubro, actuarán na praia das Saíñas, en Baldaio (Carballo).

O punto de encontro será no aparcadoiro de Baldaio ás 11:00 horas. Para participar é necesario apuntarse neste número de teléfono 611037614, e ir con luvas e botas.